Os centros de recursos que ten COGAMI en Mos e en Monteporreiro, en Pontevedra, veñen de renovar e actualizar os equipos informáticos. No centro de Mos, substituíronlle a 26 ordenadores as memorias de almacenamento do disco duro por memorias de almacenamento en estado sólido, ademais de incrementarlles a memoria RAM de cada equipo a 8 GB, unha mellora que incrementará a velocidade de proceso ademais do rendemento.
No centro de Monteporreiro conseguiron dotar a aula de formación dun monitor interactivo e dun proxector que facilitarán que as clases que se impartan nesta aula sexan máis dinámicas.
Este renovado equipamento foi posible a través da financiación do 0,7% do IRPF, procedentes de todas aquelas persoas que marcaron o recadro 106 de proxectos sociais na declaración da renda, e que xestiona a Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia.
Outras das novas incorporacións a través do 0,7% do IRPF foi a instalación no centro de Mos de 45 paneis solares para o autoconsumo, que permiten a monitorización da enerxía xerada desde dispositivos como iPhone, iPad, Android ou PC.