Vinte persoas con esclerose múltiple estanse a beneficiar do programa de atención social da Asociación ACEM Coruña

A Asociación Coruñesa de Esclerose Múltiple, ACEM Coruña, segue desenvolvendo o Programa de atención social, asesoramento e intervención, que busca a prestación do servizo de traballo social, que beneficiará a 20 persoas con esclerose múltiple.

O Programa de atención social busca dar resposta ás necesidades das persoas con esclerose múltiple e, ao mesmo tempo, pretende reducir as dificultades que teñen que afrontar as persoas con esta enfermidade no seu día a día.     

A posta en marcha deste programa foi posible cos fondos procedentes do 0,7 % do IRPF que xestiona a Xunta de Galicia, a través da coñecida como X Solidaria, marcada pola cidadanía no recadro 106 da declaración da renda baixo a denominación “Actividades de interese xeral para fins de carácter social”.

Dende hai anos, a Asociación ACEM Coruña aposta por un modelo de atención sostible e de calidade, aliñado cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da Axenda 2030, coa mellora continua dos seus espazos como eixo fundamental. A entidade mantén firme o seu compromiso coa accesibilidade universal e coa creación de contornas confortables e inclusivas para todas as persoas usuarias.

Galería de imaxes

Todas