• Novas
  • 27 de julio de 2023

A asociación  Adapta organiza un obradoiro de habilidades dixitais en Ponteareas

A asociación  Adapta organiza un obradoiro de habilidades dixitais en Ponteareas

A Asociación de Persoas con Discapacidade do Condado e Paradanta (Adapta) abre o prazo de inscrición para o obradoiro de Habilidades Sociais que vai dar comezo no mes de setembro, os martes e xoves en horario de 17 a 19 horas nas instalacións da asociación que ten no barrio de Canedo de Ponteareas.

Financiado polo programa a Depo en Marcha que financia a Deputación de Pontevedra, o obradoiro está dirixido a persoas maiores de 50 anos prioritariamente, o obxectivo desta formación é ofrecer coñecementos no manexo de internet para o uso de aplicacións que nos permiten realizar xestións dende o terminal móbil como a banca electrónica, citas médicas, entre outras.

Cunha duración de 30 horas, este obradoiro terá un custo de 7 euros. Ao ser as prazas limitadas, é necesario reservar contactando no teléfono 986 916 012 ou enviando un Whatsapp ao número 662 947 289.