• Novas
  • 23 de junio de 2022

A asociación Ambar inicia o proxecto de vela inclusiva Mar sen Límites

A asociación Ambar inicia o proxecto de vela inclusiva Mar sen Límites

Un convenio de colaboración entre a Asociación Ambar e o Club Náutico Deportivo de Ribeira foi o punto de inicio para a realización de ‘Mar sen límites’, un proxecto innovador que promove a inclusión social das persoas con discapacidade a través da navegación a vela e a creación de sinerxías cos axentes do sector marítimo e do patrimonio costeiro.

Financiado polo GALP Ría de Arousa, ‘Mar sen límites’, ten como obxectivo incrementar a autonomía e participación das persoas con discapacidade na comunidade e reforzar entre as persoas participantes a valoración positiva sobre os oficios e patrimonio costeiros e fomentar a práctica feminina dos deportes náuticos.

Ademais de realizar bautismos de mar coa aprendizaxe de conceptos básicos de navegación, tamén ser realizarán outras actividades de promoción de vínculos entre persoas mozas con e sen discapacidade,  charlas para dar a coñecer a comunidade costeira e formación de voluntariado.