A presidenta da asociación A Mariña COGAMI, Emma Caamaño, acompañada polo presidente da Federación COGAMI-Lugo, José Luis Lolo, acudiron ata o Concello de Ribadeo para manter unha xuntanza co concelleira de Servizos Sociais e Obras, Mónica Freire Rancaño.
Nesta reunión, dende COGAMI achegaron as necesidades que ten a entidade para poder dar resposta ás persoas usuarias deste concello e tamén explicáronse os proxectos que se van presentar para a subvención do vindeiro ano.
Pola súa banda, o presidente da Federación provincial informou sobre os centros especiais de emprego que ten COGAMI, como a imprenta Grafinco que está situada na cidade de Lugo na que traballan un total de 14 persoas.