Un total de vinte e cinco persoas con discapacidade da asociación A Mariña COGAMI reciben atención no centro de recursos que a entidade ten en Palmeiro, no concello de Xove, a través do proxecto de promoción da autonomía persoal.
Este proxecto forma parte do Plan de Prioridades da Confederación Española de Persoas con Discapacidade Física e Orgánica (COCEMFE) que financia a Fundación ONCE. A Confederación xestiona esta subvención para o financiamento dos proxectos prioritarios das súas entidades, proporcionándolles asesoramento e realizando un seguimento pormenorizado durante todo o proceso.
A través deste proxecto, preténdese promover a autonomía das persoas con discapacidade con necesidades de apoio intermitente ou xeneralizada a través de diferentes actividades e servizos como a atención social, actividades terapéuticas, actividades de lecer e tempo libre, actividades de desenvolvemento cognitivo, formativas e de sensibilización.