• Novas
  • 14 de enero de 2022

ACEM Coruña realizou un programa de atención integral que beneficiou a sete persoas con esclerose múltiple

ACEM Coruña realizou un programa de atención integral que beneficiou a sete persoas con esclerose múltiple

A Asociación Coruñesa de Esclerose Múltiple (ACEM Coruña) realizou durante 2021 un programa de Atención Integral para persoas con esclerose múltiple destinado a prestar atención social a persoas afectadas pola enfermidade cun grao alto de discapacidade.

Foron sete as persoas que se beneficiaron deste programa que foi posible levalo a cabo co cofinanzamento de 6.000€ procedentes dos fondos do 0,7% do IRPF da declaración da renda procedentes da convocatoria de subvencións que as persoas contribuíntes derivan marcando a X Solidaria na declaración da renda e que xestiona a Xunta de Galicia.

Coa realización deste programa de atención integral dende ACEM Coruña pretenden minimizar aquelas dificultades coas que se atopa as persoas afectadas de esclerose múltiple, potenciando o seu nivel de autonomía persoal e favorecendo a súa integración tanto no ámbito social como familiar. 

A esclerose múltiple é unha enfermidade neurodexenerativa de orixe descoñecida que afecta á capa de mielina que rodea as fibras do sistema nervioso central, converténdoa nunha das principais causas de discapacidade en adultos novos. Esta enfermidade adoita manifestar distintas problemáticas que provocan unha perda no nivel de autonomía facendo necesaria a axuda dunha terceira persoa para poder realizar as actividades da vida diaria.