• Novas
  • 13 de septiembre de 2021

ALCER Coruña recibe un cheque coa recadación da venda de entradas da final da Copa Galicia de baloncesto

ALCER Coruña recibe un cheque coa recadación da venda de entradas da final da Copa Galicia de baloncesto

O presidente do Club Irmandiños, Javier Uria, fixo entrega do cheque solidario ao presidente de ALCER Coruña, Rafael Rodríguez, por un importe total de 8.002,28 euros, cantidade recadada coa venda das entradas durante a XXXV Copa Galicia Sénior Masculina de Baloncesto entre o Monbus Obradoiro e o Río Breogán o pasado mes de agosto en Ferrol.

Dende ALCER Coruña van investir esta contía no mantemento das actividades de acompañamento a persoas que están transplantadas, especialmente vulnerables durante a pandemia do COVID-19, e a aquelas que están á espera dun órgano. Outras das actividades que desenvolverán serán de sensibilización sobre a necesidade da doazón de órganos. 

A entidae agradece tanto á Federación Galega de Baloncesto como tamén ao o Club Baloncesto Irmandiños e ao Concello de Ferrol a súa aposta por o fin social que representa a entidade e pola toma de decisión de que a recadación da venda de entradas do partido que enfrontou aos dous equipos máis representativos do baloncesto galego fora para este fin.

Durante a celebración do partido, representantes de ALCER estiveron informando e sensibilizando sobre a doazón de órganos, logrando que 7 persoas se fixeran doantes que, en caso de ser preciso,  poderán salvar ata 49 vidas. As persoas que esperan un órgano aparte dos avances médicos e a pericia dos profesionais precisan da solidariedade da sociedade.