A Asociación de Persoas con Discapacidade da Comarca de A Limia (ALGARIA) continuará durante este ano co programa de rehabilitación Ponte a Funcionar II despois de que a Deputación de Ourense aprobara a financiación de 3.000 euros para darlle continuidade.
A través deste servizo de fisioterapia que se desenvolve en dúas clínicas concertadas na comarca da Limia, benefícianse un total de 15 persoas asociadas á entidade, e agárdase que durante este ano incremente esta cantidade de persoas atendidas.
Este programa permite que persoas con discapacidade poidan fortalecerse e mellorar a súa calidade de vida a través das sesións rehabilitadoras que reciben. Ao ser un programa subvencionado pola administración provincial, a persoa só abona o 25% do prezo da sesión, sendo financiado o outro 75%.