ASEARPO convértese nunha delegación en Pontevedra da Coordinadora Nacional de Artritis
  • Novas
  • 17 de febrero de 2021

ASEARPO convértese nunha delegación en Pontevedra da Coordinadora Nacional de Artritis

A Asociación de Enfermos de Artrite de Pontevedra (ASEARPO) pasa a denominarse durante este ano ConArtritis-Pontevedra (ASEARPO), despois de ser aprobado na última asemblea xeral realizada por esta asociación pontevedresa que representa a máis de 170 persoas.

A partir deste mes de febreiro, a entidade pasa a ser unha Delegación da Coordinadora Nacional de Artritis (ConArtritis) que, en palabras da súa delegada, Mabel Avendaño, “é unha maneira de medrar e de facernos máis fortes, de mellorar a asistencia e defender os dereitos das persoas que teñen artrite”.

A entidade, que entrou a formar parte da Federación COGAMI Pontevedra en 2016, tres anos despois de constituírse, pasa a ser agora de utilidade pública e continuará coas actividades e obradoiros destinados ás súas máis de 170 persoas asociadas. Agora agardan “dispoñer de máis recursos para mellorar os nosos servizos”, engade Avendaño trala incorporación á Coordinadora Nacional ConArtritis.