O director do centro de recursos que COGAMI ten en Silleda, Iván García, e maila traballadora social, Olalla Esmorís, ofreceron unha charla informativa dirixida a familiares das persoas usuarias do centro de Medelo.
Aínda que a media de idade, tanto das familias como das persoas do centro, é nova, estas xa amosan interese para coñecer aqueles recursos públicos aos que poderían optar os seus familiares, como as residencias e as vivendas tuteladas, no momento de que as persoas coidadoras non poidan facerse cargo.
Durante a charla presentáronse todos os recursos que actualmente existen en Galicia, os lugares onde están localizados, amosouse a diferencia entre estes e tamén cara que perfís van destinados cada un destes e como se xestionaría o acceso. Durante esta charla presentouse a posibilidade de que, no caso de que nun futuro existira unha grande demanda na zona, poder xestionar a solicitude dun servizo residencial, que hoxe en día non existe.