• Novas
  • 28 de julio de 2022

COGAMI asina convenio con Concello de Verín para promover a inserción laboral

COGAMI asina convenio con Concello de Verín para promover a inserción laboral

O presidente de COGAMI, Anxo Queiruga, reuniuse co alcalde de Verín, Gerardo Seoane, para renovar, por un ano máis, o acordo de inclusión no mercado laboral das persoas con discapacidade do municipio.

Mediante este acordo, levarase a cabo a cesión de instalacións municipais a COGAMI de xeito gratuíto para seren utilizadas na creación dun punto de información, asesoramento e espazo informativo dirixido a persoas con discapacidade. En palabras do Alcalde “O Concello está sempre aberto a que este tipo de iniciativas se leven a cabo na vila”.

A colaboración supón unha mellora da atención e servizos prestados por COGAMI no municipio, ao que semanalmente se despraza o orientador laboral do Servizo de Orientación e Intermediación Laboral de COGAMI, Carlos Montero. Durante este primeiro semestre de 2022, conseguíronse 18 insercións laborais, contando cun posto de traballo 90 persoas con discapacidade na comarca.

Arestora, a bolsa de emprego de COGAMI contempla 249 persoas inscritas da comarca, das que 105 son mulleres e 144 homes. Destas inscricións, o 65%  proceden do concello de Verín.