COGAMI colabora cun programa de formación e mentorización de xente nova para a transición da vida académica á laboral
  • Novas
  • 23 de noviembre de 2021

COGAMI colabora cun programa de formación e mentorización de xente nova para a transición da vida académica á laboral

COGAMI é unha das organizacións que van colaborar cun programa pioneiro de formación e mentorización, que permitirá favorecer a empregabilidade de estudantes que acaban de rematar os seus estudos e facer posible unha efectiva transición da vida académica ao mercado labora

Cofinanciada por Emprego Xuvenil e polo Fondo Social Europeo, pasarán por COGAMI un total de 3 das 350 mozas e mozos que acaban de rematar os seus estudos co fin de ampliar os seus coñecementos nos ámbitos sociosanitario e social, como compromiso de colaboración na formación de futuros profesionais.

Con este tipo de programas, preténdese facilitarlle á mocidade unha completa programación con apoio directo de expertos, empresarios e profesionais con experiencia, que actuarán como mentores, para adquirir aquelas habilidades que máis se están a demandar cando se busca emprego. E por outro, amosarlles ás empresas todas as capacidades e o talento que posúe a xuventude galega.