O testemuño de Javier Pita, persoa usuaria de COGAMI en Ferrol, é un dos que pode verse e escoitarse dentro do programa Un mundo cheo de diversidade que comprende a campaña Eu Sumo que lanzou o Concello de Narón para sensibilizar sobre a diversidade.
Esta campaña consiste na difusión en redes sociais e medios de comunicación de historias diferentes de persoas usuarias de entidades participantes de dez entidades sociais deste concello da comarca de Ferrolterra.
Ademais de COGAMI, a esta campaña sumáronse entidades como a Asociación Sociocultural ASCM, a Asociación de Persoas Xordas de Ferrol, a Asociación Nuestra Señora de Chamorro, a Asociación Síndrome de Down “Teima”, a Asociación de Fibromialxia e Fatiga Crónica do Noroeste (Affinor), A Asociación de Loita contra as Enfermidades do Ril (Alcer), a Asociación Movilidad Humana, a Asociación de Pais de Nenos con Problemas Psicosociais (Aspaneps) e a Asociación de Pais de Persoas con Trastorno do Espectro Autista (Aspanaes).
Os vídeos, protagonizados por persoas usuarias das entidades participantes, xa se poden ver a través do hashtag ou etiqueta #eusumo nas redes sociais Instagram, Tick Tok, Youtube e Facebook. Este é o de Javier Pita.