O Servizo de Orientación e Intermediación Laboral de COGAMI en Ourense desenvolveu unha acción de mellora da empregabilidade no concello de O Barco de Valdeorras á que acudiron catro persoas usuarias da entidade, todas elas apuntadas na bolsa de emprego da Organización.
A orientadora laboral na zona e organizadora desta xornada, Laura Fernández, estivo acompañada pola membro da Cruz Vermella en Valdeorras, Noelia Mayo, responsable do proxecto Reto Social Empresarial: Alianzas.
Nesta xornada, que se desenvolveu nas instalacións do Concello de O Barco, tratouse como enfocar unha entrevista de emprego para saber afrontala con éxito e falouse tamén da capacidade de adaptación das persoas con incapacidade laboral para a profesión habitual de cara a outra profesión diferente á que desenvolvían con anteoridade. Coa colaboración da Cruz Vermella analizouse a situación do mercado laboral tralo impacto do COVID-19 e cales son os retos e as oportunidades que nos agardan ante a nova situación de convivencia post pandemia.
Con este tipo de accións, o que se pretende é que a persoa que está buscando emprego sexa coñecedora das necesidades do mercado laboral e tamén aprenden a manexar ferramentas e técnicas orientadas a procesos de selección para a súa posterior inserción laboral.