• Novas
  • 01 de diciembre de 2022

COGAMI presenta o proxecto Caminarte durante o balance do plan O Teu Xacobeo

COGAMI presenta o proxecto Caminarte durante o balance do plan O Teu Xacobeo

O vicepresidente de COGAMI, Ramón Sestayo, presentou o proxecto Tres ao cubo igual a catro. Caminarte que a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade desenvolveu cos fondos do plan O Teu Xacobeo da Xunta de Galicia.

Esta presentación foi durante un acto no que o delegado territorial da Xunta, Gonzalo Trenor, presentou o balance de resultados do programa O Teu Xacobeo ante un aforo de representantes de case cincuenta entidades, empresas e institucións beneficiarias das axudas deste programa e impulsoras de actividades socioculturais en case todos os concellos da provincia de A Coruña.

O programa Caminarte de COGAMI foi un dos elixidos para presentar neste acto cultural, no que Ramón Sestayo explicou que este proxecto de expresión artística desenvolveuse coas persoas con discapacidade que acoden a catro centros de atención diúrna de COGAMI que están vinculados ao Camiño, sendo estes o de Pontevedra, Lugo, Mos e Silleda. A través deste proxecto, coa arte como nexo, tratouse de poñer en a vivencia e o intercambio do Camiño de Santiago.