ConArtritis-Santiago dedica o mes de outubro á artrite e espondiloartrite
  • Novas
  • 01 de octubre de 2021

ConArtritis-Santiago dedica o mes de outubro á artrite e espondiloartrite

Máis de 1 millón de persoas en España viven con enfermidades reumáticas como a artrite rematoide, a artrite psoriásica, a artrite idiopática xuvenil, a espondilite anquilosante e a espondiloartrite. Sen embargo, son doenzas pouco coñecidas pola poboación xeral e, é por isto, que dende a asociación ConArtritis Santiago quere dedicarlles o mes de outubro, aproveitando que o día 1 é o Día Nacional da Artrite e o 12 de outubro está recoñecido como o Día Mundial das Enfermidades Reumáticas.

Afectacións físicas e psicolóxicas, dor crónica, rixidez, inflamación articular, cansazo extremo, dificultades laborais, sociais, nos embarazos son algunhas das consecuencias que viven as persoas que teñen artrite. Moitos destes efectos non se ven e poden derivar en incapacidades laborais e discapacidades, afectando na calidade de vida das persoas.

A través da campaña Outubro, mes da artrite e da espondiloartrite, dende ConArtritis Santiago queren visibilizar e concienciar sobre enfermidades reumáticas inmunimediadas #OctAR21 e para isto desenvolverá actividades como: iluminación de edificios, difusión de vídeos de concienciación, realización dun congreso que pode ser seguido a través da páxina web, animarán a que os perfís das redes sociais poñan un filtro verde ou un marco especial en Facebook ou tamén se poderá participar en andainas a pé ou bicicleta. Toda a información poderá ser ampliada na web https://octubreconartritis.org/