Satisfacción en COGAMI Ourense polos resultados acadados nos exames de Competencias clave aos que se presentaron persoas inscritas no Servizo de Orientación e Intermediación Laboral (SIL). O cen por cen das persoas que foron preparadas para estas probas lograron superar as probas e, polo tanto, contan agora coa posibilidade de formárense en actividades que os van a dotar de capacitación e competencias para poder optar a un emprego axeitado ás súas expectativas.
Durante os meses de abril e maio foron 7 as persoas que se prepararon de maneira presencial para os niveis 2 e 3 en materias de matemáticas e linguas castelá e galega. A maiores, profesionais do SIL apoiaron a outras 4 persoas que, por cuestión de aforo ou problemas de desprazamento, non puideron asistir de maneira presencial.
O esforzo tivo o seu agasallo, todas estas persoas lograron superar as probas que se celebraron no concello de Silleda e agora, van poder contar con máis posibilidades para enfrontarse ao mercado laboral.