Fundación Mujeres e COGAMI únense para mellorar a calidade de vida de mulleres coidadoras
  • Novas
  • 11 de octubre de 2021

Fundación Mujeres e COGAMI únense para mellorar a calidade de vida de mulleres coidadoras


Dende o 29 de setembro e ata o 30 de novembro, mulleres coidadoras de familiares con discapacidade usuarias dos centros de recursos de COGAMI en Mos, Ferrol e Fingoi teñen a oportunidade de participar nuns obradoiros para mellorar a súa activación persoal e traballar temáticas como saúde, autocoidado, empoderamento e autoestima.

A Fundación Mujeres colabora neste proxecto con COGAMI para impartir esta formación no marco do Servizo Integral de Apoio ás Mulleres Coidadoras, financiado pola Conselleria de Política Social da Xunta de Galicia dentro dos programas con cargo á asignación tributaria do 0,7% do IRPF.

Nas sesións, que se desenvolven en horario de mañá, analízanse os factores que condicionan a saúde para fomentar o autocoidado promovendo prácticas de vida e saúde saudables de cara a mellorar o benestar das mulleres que, en moitas ocasións, vese debilitado debido a sobrecarga das tarefas do coidado. Traballarase tamén a autoestima, determinante no seu proceso de empoderamento persoal.