• Novas
  • 29 de noviembre de 2021

Máis de 100 persoas con Crohn, colite ulcerosa e ostomizadas benefícianse dun servizo integral de ACCU Ourense

Máis de 100 persoas con Crohn, colite ulcerosa e ostomizadas benefícianse dun servizo integral de ACCU Ourense

ACCU Ourense, entidade que presta servizos de atención integral a persoas con enfermidades inflamatorias intestinais, desenvolvendo actividades de intervención, apoio persoal, atención á autonomía e integración sociolaboral, durante este ano continuou co servizo de Atención Integral, Promoción da Autonomía e Inserción Laboral, prestándolle atención a máis de 100 persoas na provincia.

O servizo, financiado pola Fundación ONCE e presentado a través COCEMFE conseguiu, a nivel nacional, abordar temáticas como o uso dunha tarxeta de aparcadoiro que lle permite á persoa con enfermidade inflamatoria intestinal estacionar o vehículo en zonas prohibidas para utilizar un aseo en situacións de urxencia.

En Galicia, contan co acceso inmediato libre e gratuíto a aseos de edificios públicos e privados que estean adheridos ao proxecto para que as persoas con EII poidan utilizalos en caso de presentarse de forma imprevista a urxencia de acudir a un aseo. Como proxecto innovador en Europa están os baños adaptados para persoas ostomizadas, dotados de equipos adecuados, asegurando un baleirado da bolsa hixiénico e saudable

Outras actividades realizadas foron actuacións de sensibilización, visibilización e concienciación chegaron a máis de 900 persoas con enfermidade inflamatoria intestinal que acceden a medios de comunicación, redes sociais, páxinas web e material divulgativo.