Éxito de participación no programa de lecer náutico que desenvolve COGAMI no Real Club Náutico de Sanxenxo e no que colabora a Fundación Mapfre. Un total de 100 persoas participaron nesta edición pertencentes a 9 centros e entidades membro diferentes, sendo estas: os centros de recursos de Medelo e Mos, Aixiña, Misela, Integro, Adapta, Avante, Asem Galicia e Acem Coruña.
Este programa, dende que iniciou en 2013, ten por finalidade achegar o deporte de vela ás persoas con discapacidade. As actividades realizadas están englobadas no que se coñece como un programa de respiro, que contempla un curso de 20 horas de duración.
A organización de esta e outras actividades que organiza a área de Lecer de COGAMI, son financiadas pola Xunta de Galicia a través dos fondos do 0,7% do IRPF que achegan todas as persoas contribuíntes que marcan o recadro da X Solidaria cando fan a declaración da renda. Este financiamento permite que máis de 500 persoas usuarias de COGAMI poidan participar en actividades de lecer inclusivas e adaptadas.