O Pazo provincial da Deputación tínguese de verde polo Día Nacional da Artrite
  • Novas
  • 05 de octubre de 2021

O Pazo provincial da Deputación tínguese de verde polo Día Nacional da Artrite

O Pazo da Deputación de Pontevedra tinguiuse de verde para lembrar que o mes de outubro é o mes dedicado ao Día Nacional da Artrite. Deste xeito a institución provincial únese á campaña "Outubro é meu mes, axúdasme a que nos vexan?" que desde 2009 organiza a Coordinadora Nacional da Artrite da man de entidades como a Asociación de Enfermos de Artrite de Pontevedra (ASEARPO), entidade membro de COGAMI.

A través desta iniciativa preténdese darlle visibilidade ás persoas con artrite reumatoide, artrite psoriásica, artrite idiopática xuvenil, espondiliti anquilosante e espondiloartrite, para concienciar á sociedade sobre as dificultades coas que se atopan no día a día e dando a coñecer estas patoloxías, descoñecidas para a maior parte da poboación.

En España a artrite reumatoide afecta a 420.000 persoas, das que 27.000 están en Galicia. Segundo a Enquisa AR2020, o 56,8% das persoas que viven con esta patoloxía presentan unha alta actividade segundo parámetros clínicos; o 49,2% amosa unha total incapacidade ou grandes dificultades para coller ou levantar peso, que se reduce ao 27,8 % no caso da realización das tarefas propias do seu traballo e ao 24,2 % no feito de subir e baixar escaleiras.