• Novas
  • 18 de abril de 2023

Oitenta persoas asociadas da Asociación Galega de Hemofilia reúnense en Santiago na asemblea de persoas socias

Oitenta persoas asociadas da Asociación Galega de Hemofilia reúnense en Santiago na asemblea de persoas socias

A Asociación Galega de Hemofilia (Agadhemo) celebró en Santiago de Compostela a asemblea xeral de persoas socias á que asistiron máis de 80 persoas con hemofilia e/ou con algunha outra coagulopatía conxénita da nosa comunidade.

Nesta asemblea anual, ademais de repasar a xestión e resultados xerais da entidade durante o ano 2022, fíxose un repaso das actuacións e mobilizacións feitas durante os dous anos por parte da entidade para conseguir que o SERGAS manteña a súa vontade de diálogo con pacientes con algunha coagulopatía, facéndoos partícipes das decisións relacionadas coa seguridade dos seus tratamentos. Outro tema a tratar, será o repaso ás novidades en tratamentos, dos que hai actualmente na carteira de servizos e dos que están por vir como é a terapia xénica.

Esta asemblea supuso un punto de encontro para todas as familias e persoas con hemofilia e outras coagulopatías conxénitas que elixiron Santiago de Compostela para coñecer e poñer en común os últimos avances que melloran a calidade de vida e ofrecen opcións a través de novas liñas terapéuticas e maior eficacia e seguridade. Tamén se lle solicitou a Xunta a implementación do novo baremo para o recoñecemento, declaración e cualificación do grao de discapacidade o cal da maior acceso as discapacidades orgánicas como as coagulopatías.

Esta xornada foi tamén un evento reivindicativo para conmemorar o Día Mundial da Hemofilia, que se celebra o 17 de abril, baixo o lema “Acceso para todos: prevención de Hemorraxias como norma de atención a nivel mundial”. Esta campaña, auspiciada por Fedhemo e a Federación Mundial, leva parella a iluminación de edificios en todo o mundo. En Galicia ilumináronse de vermello a noite do 17 de abril estas edificacións:

Santiago de Compostela: Pazo  de Raxoi                                                             

A Coruña: Fonte de Catro Camiños

Vigo: Fontes de Jenaro

Lugo: Casa do concello e Pasarela Peonil "Tanxarela"

Ourense: Ponte Romana