• Novas
  • 10 de enero de 2022

Os medios de comunicación apoian a difusión de COGAMI como entidade referente na discapacidade en Galicia

Os medios de comunicación apoian a difusión de COGAMI como entidade referente na discapacidade en Galicia

A presencia da marca propia nos medios de comunicación é fundamental para unha entidade porque, ao falar sobre ela, posiciónase como referente dentro sector relacionado coa discapacidade e, polo tanto, obterá máis recoñecemento entre a cidadanía.

Para coñecer o impacto de COGAMI na prensa galega, dende a área de Comunicación mídense indicadores como o número de impresións dunha noticia enviada aos medios, en que canais sae esa noticia e que alcance ten a través das diferentes plataformas de comunicación.

Durante 2021, COGAMI Social e as súas entidades membro, COGAMI Empresarial e COGAMI Xenera acadaron un total de 2.197 impactos nos medios de comunicación, dos que 819 destes referíronse exclusivamente á marca COGAMI e aos servizos que presta. Moitos destes impactos foron propiciados por COGAMI nalgunha das 69 notas de prensa enviadas e das que resultaron ser publicadas o 92,6%.

A prensa escrita é unhas das canles de difusión que máis difundiu as notas de prensa que enviou COGAMI ás redaccións do medios de comunicación, xerando o 58,35% dos impactos acadados, mentres que o 26,35% resultaron na prensa dixital e o 3,18% na radio.

Durante o ano, COGAMI desenvolveu tres campañas de difusión para sensibilizar e concienciar sobre a X Solidaria, o Día Internacional da Saúde, para visibilizar a discapacidade orgánica, e sobre o Valor Social co gallo do Día Internacional das Persoas con Discapacidade. Ademais, participou noutras 16 campañas de sensibilización lanzadas a través das redes sociais tanto por entidades membro como tamén por COCEMFE, EAPN Galicia e Cermi Galicia.