• Novas
  • 01 de agosto de 2022

Un programa de orientación da asociación AVEMPO beneficia a preto de 500 persoas con esclerose múltiple e familias

Un programa de orientación da asociación AVEMPO beneficia a preto de 500 persoas con esclerose múltiple e familias

A Asociación Viguesa de Esclerose Múltiple de Pontevedra (AVEMPO) desenvolve durante este ano o proxecto de Orientación, apoio social e asesoramento á persoa afectada por esclerose múltiple e contorna, que ofrece, ata o mes de decembro, axudas técnicas e recursos para afrontar a enfermidade e as novas situación que poidan ir xurdindo tanto ás persoas afectadas por esta patoloxía como a familiares.

A través destes proxecto, que forma parte do Plan de Prioridades de COCEMFE e que está financiado por Fundación ONCE, dende AVEMPO vaise facilitar información, asesoramento e tramitación de recursos existentes para as persoas que teñen diagnosticada esclerose múltiple e á súa familia durante o proceso de adaptación á enfermidade.  Ademais, dende a área social, ofrécese orientación para clarificar situacións derivadas da enfermidade e poder afrontalas.

A entidade prevé que serán preto de 500 persoas as que se beneficien directa e indirectamente dos servizos que cobre o departamento social da entidade, nos programas de autonomía persoal á vez que realiza accións de sensibilización social a través de campañas divulgativas ao longo do ano.