Voluntarios de “la Caixa” imparten educación financeira a persoas usuarias do centro de recursos de COGAMI en Mos
  • Novas
  • 24 de noviembre de 2021

Voluntarios de “la Caixa” imparten educación financeira a persoas usuarias do centro de recursos de COGAMI en Mos

Un grupo de persoas usuarias do centro de recursos que COGAMI ten en Mos asistiron a un obradoiro de educación financeira que lles impartiron dous voluntarios da entidade bancaria “la Caixa”, os dous con experiencia no mundo da economía e finanzas.

Este obradoiro desenvolveuse en dúas sesións, traballando na primeira destas a importancia de coñecer o valor das cousas que se empregan a cotío, como clasificar e organizar gastos e a utilidade do aforro. Nesta sesión, houbo deberes para casa: as persoas usuarias debían anotar os seus gastos diarios para poder analizalos na seguinte sesión.

Na segunda sesión afondouse sobre a utilidade de ter unha conta corrente, o seu funcionamento, o funcionamento das tarxetas de crédito e como se solicita un préstamo e o que supón solicitalo.

Obradoiros como este achegan as persoas  participantes a comprender o valor do diñeiro, xestionalo e aforrar de cara a unha maior autonomía.