Congreso Valor social e desenvolvemento sostible

Os días 21 e 22 de novembro COGAMI organiza o VIII ANNUAL CONGRESS OF GLOBAL ECONOMIC ACCOUNTING: Valor social e desenvolvemento sostible, promovido por GEAccounting, e desenvolvido no marco das axudas ás entidades colaboradoras da Rede Eusumo na convocatoria de 2019.

Esta actividade enmárcase no programa de actuación 2019 da Rede Eusumo, unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Trabajo, Migraciones y Seguridad Social.

PODES CONSULTAR AQUÍ O PROGRAMA

 

 

 

 

 

                                                                     

LUGAR DE CELEBRACIÓN: CEGADI (Rúa Xosé Chao Rego, 15705 Santiago de Compostela, A Coruña)

PERSOAS DESTINATARIAS: Persoal directivo de empresas e entidades de economía social e do tecido empresarial galego.

INFORMACIÓN DESTACADA: Dende o punto de vista contable e financeiro, é fácil coñecer o desempeño económico dunha organización analizando os seus estados financeiros, pero hai aspectos que xeran valor para a sociedade e que non quedan recollidos nestes balances; é o valor social. Un valor que se percibe, que pode ser medido, e que vai máis alá do valor de mercado.

A través da contabilidade social COGAMI coñece o valor da súa MISIÓN, que será presentado no marco desta actividade, e permitirá pór de relevo a capacidade multiplicadora da organización cara ao beneficio social común.

INSCRICIÓN: A inscrición é GRATUÍTA (inclúe almorzo de media mañá e xantar).

Para formalizar a inscrición enviarase un correo electrónico á dirección eventos@cogami.gal indicando nome, apelidos, DNI, data de nacemento e cargo na entidade/empresa.

O PRAZO DE INSCRICIÓN ABRIRASE O 6 DE NOVEMBRO. A distribución de prazas asignarase por orde de inscrición.

 

   
CONTACTO  

COGAMI (Confederación Galega de Persoas con Discxapacidade)

Teléfono: 981574698

Correo electrónico: eventos@cogami.gal

 

 

CONSULTA AS PRESENTACIÓNS

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

José Ignacio Larretxi. Presidente de GEAccounting

José Luis Retolaza. Profesor da Universidade de Deusto

Rosana González. Responsable de calidade de COGAMI

Patxi Vera. Director de UCAN

Beatriz Guzmán. Membro de CESCO

Adolfo González. Responsable de proxectos de FEGADACE

Ramón Bernal. Director Financeiro de Lantegi Batuak

Alfonso Etxanove. Socio de LKS

Miguel Ángel Navaridas. Director Financeiro de Katea Legaia

Covadonga Toca. Secretaria Xeral de Emprego da Xunta de Galicia

Ramón Roig. Director Xeral do Grupo CLADE

Jokin Díaz. Director Xeral de Economía Social do Goberno Vasco

Luis Campos. Director do Observatorio da Realidade Social de Navarra

Mariví Sánchez. Directora de RSC e comunicación do Grupo Calvo

Gabriela González. Directora de RSE, comunicación e área cliente de VEGALSA

Javier Mendoza. Profesor da Universidade da Laguna

Leire San José. Profesora da Universidade do País Vasco- EHU
VÍDEO RESUMO    Pulsa aquí