COGAMI publica O Boletín, unha revista impresa que conta cunha tirada de 1.200 exemplares que se distribúen por correo postal a persoal laboral, financeiros, voluntariado, entidades, etc.
Este boletín recolle información tanto da propia Organización como do movemento asociativo e das empresas sociais de Galega de Economía Social.
Ademais de poder lerse impresa, tamén é posible descargar O Boletín desde a web ou recibilo por mail, sempre que se solicite.
Outra das publicacións que difundimos en COGAMI é Moemia Virtual, que o realizan as persoas usuarias da aula de novas tecnoloxías do centro de día de Fingoi, en Lugo.