Asociación de Persoas con Discapacidade de Monforte de Lemos

Asociación de Persoas con Discapacidade de Monforte de Lemos

  • Dirección: Carud nº 142 - Baixo
  • Código Postal: 27400
  • Localidade: Monforte
  • Provincia: Lugo
  • Correo electrónico: agora@cogami.gal
  • Teléfono: 982410289
  • Teléfono móbil: 673912496

ORIXE:

O 20 de febreiro de 1992 constituíuse a Asociación AGORA, entidade sen ánimo de lucro, como unha asociación sen ánimo de lucro, co obxectivo de promover e coordinar a defensa dos dereitos de todas as persoas con discapacidade para a súa plena integración na sociedade.

MISIÓN:

AGORA aceptou como reto que as persoas con discapacidade lograran avances en autonomía persoal, integración social, cultural e laboral, que foran desenrolando todas as súas capacidades e gozaran dos apoios necesarios para ser protagonistas da súa existencia.

PRINCIPIOS E VALORES:

AGORA intenta desenrolar a súa actuación nos seguintes principios e valores:

  • Democracia interna.
  • Solidariedade entre os seus membros.
  • Transparencia na xestión e actuación da entidade e dos seus socios.
  • Defensa da necesidade sociais por enriba de intereses particulares.
  • Rexeite de protagonismos e actitudes competitivas.
  • A defensa do colectivo como titulares de dereitos evitando mensaxes sentimentalistas e asistenciais.

OBXECTIVO:

Como fin están a defensa da dignidade e os dereitos das persoas con discapacidade, a promoción da integración social e laboral creando as condicións favorables que eviten a exclusión social. En consecuencia, desenvolver todo tipo de programas e actividades específicas dende a discapacidade que sexan beneficiosos para os homes e mulleres con discapacidade.

ÁMBITO DE ACTUACIÓN:

O seu ámbito de actuación é a comarca de Lemos (Lugo). A súa sede social está en Monforte de Lemos e ten como finalidade: atender ás persoas con discapacidade en tódalas dimensións da súa vida. Atende diariamente tanto no Centro de Día como nos Apartamentos Tutelados así como co transporte adaptado a usuarios dos concellos da comarca,  coma Monforte de Lemos, Sober, O Incio, O Saviñao, Pobra de Brollón, Pantón, Bóveda e tamén doutros concellos de Galicia.

PERSOAS ASOCIADAS:

AGORA está constituída polos seus socios e actualmente conta con 91 socios  e no último ano prestouse atención directa a 55 persoas con discapacidade da comarca de Lemos que non están asociadas

 

 

 

 

A Asociación AGORA conta con distintos servizos cos que poder facilitar a atención que precisan as persoas con discapacidade e o seu entorno máis próximo. Na actualidade contamos cos seguintes servizos:

- CENTRO DE DÍA : Ofrece unha atención diúrna a persoas con discapacidade con necesidades de apoio extenso ou xeneralizado, dende unha perspectiva individual. O seu obxectivo é mellora-la calidade de vida das persoas con discapacidade proporcionándolles apoios para emprender  e desenvolver ao máximo o seu proxecto de vida persoal, incluíndo de forma activa o seu grupo familiar e entorno social directo. Para conseguir estes obxectivos o Centro de Día conta cos seguintes servizos: Atención psicolóxica, estimulación cognitiva, logopedia, fisioterapia, terapia ocupacional, ximnasia de mantemento, psicomotricidade, relaxación, hidroterapia, musicoterapia, obradoiros e talleres manuais, actividades de ocio e servizo de respiro familiar. Ademais proporciona comedor, transporte adaptado, produtos de apoio e supervisión. Conta con 21 prazas en contrato coa consellería de Política Social e 9 prazas privadas.

- VIVENDA TUTELADA : Ofrece unha atención domiciliaria a persoas con discapacidade con necesidade de apoios moderados nun entorno normalizado e integrado de convivencia entre as persoas que residen nas vivendas, fomentando a  autodeterminación persoal e funcional de persoas con discapacidade nun clima acolledor e estimulante.

- PROGRAMA DE INTERVENCIÓN SOCIAL: Trátase de información, asesoramento e apoio social, individual e personalizado a persoas con discapacidade da área de influencia da asociación e o seu entorno máis próximo, favorecendo a autonomía persoal e a participación social.

- PROGRAMA PSICOLOXÍA: Ofrece atención individual, familiar e grupal intervindo en dificultades de adaptación, secuelas traumáticas. efectos psicolóxcos derivados de enfermidades, dificultades de comunicación en relacións interpersoais, aprendizaxe e entrenamento en habilidades sociais, etc.

- PROGRAMA DE AUDICIÓN E LIGUAXE- LOGOPEDIA: Procura acadar un benestar comunicativo no usuario/a que propicie un adecuado desempeño cognitivo, social e persoal. O fundamental  é que a persoa sinta que se pode comunicar en calquera situación e que as persoas que o rodean o comprenden para que a comunicación sexa o máis autónoma posible.

- PROGRAMA DE FISIOTERAPIA, RECUPERACIÓN FUNCIONAL E HIDROTERAPIA:  O obxectivo é promove-la autonomía persoal e mellora-la calidade de vida dos usuarios/as a nivel integral. Préstanse sesións individuais: masoterapia, cinesiterapia, termoterapia, crioterapia e vendaxa, así coma grupais: psicomotricidade grosa, deporte adaptado, ximnasia de mantenemento, hidroterapia e actividade física lúdica.

ENDEREZO:
Rúa Carud, Nº 142, Baixo. Monforte de Lemos (Lugo)

TELÉFONOS: 982 41 02 89
/ 673 912 496

EMAIL:
agora@cogami.gal

FACEBOOK:

YOUTUBE:

 

Enche o formulario de contacto se desexas contactar coa asociación

Non se atoparon resultados!