AIXIÑA é unha asociación sen ánimo de lucro que ten como MISIÓN traballar por e para as persoas con discapacidade física,parálise cerebral, dano cerebral, terceira idade dependente e as súas familias, adaptando a nosa resposta ás súas necesidades e expectativas a través de múltiples programas e servizos, co valor engadido dun trato persoal, próximo e normalizador, co fin de acadar a plena integración das persoas en tódolos ámbitos da vida (social, cultural e laboral).
AIXIÑA quere que os seus servizos sexan sinónimo de confianza e de calidade para os seus clientes, comprometéndose a implementar as accións oportunas para dar resposta ás necesidades cambiantes dos seus grupos de interese,cumprindo a normativa vixente no momento e mellorando continuamente a eficacia do Sistema de Xestión.
VALORES
Os valores que nos orientan son:
FORMA PARTE DE:
ASOCIADOS:
AIXIÑA a forman un total de 439 persoas con discapacidade, familiares e colaboradores.
Os programas e servizos que Aixiña desenvolve son maioremente no eido social, deseñados e orientados por e para as persoas socias da nosa entidade. Aínda que a maior parte dos beneficiarios son as persoas con discapacidade, poden acceder ás actividades os familiares e socios colaboradores, de maneira que cada acción desenvolvida fomente a normalización social. Ditas actividades son, principalmente:
• Servizo de información e asesoramento.
Este servizo conta ademais con unha traballadora social, que ten como obxectivo a atención aos familiares e membros da Asociación, axudando e orientando na xestión das súas demandas, entre as que se atopan: orientación sobre axudas técnicas, tramitación do certificado de discapacidade e do recoñecemento de situación de dependencia, accesibilidade, recursos públicos e información xeral no ámbito da discapacidade. Esta asistencia cobra maior importancia cando as persoas usuarias, ademais da orientación,necesitan ser asesoradas na forma e métodos da presentación de solicitude do recurso ó que queren optar, realizándose un acompañamento completo ó longo de toda a tramitación do expediente, en coordinación, en caso necesario, cos servizos sociais de atención primaria.
• Servizo de Rehabilitación ambulatoria.
Con este servizo facilítase ás persoas socias de Aixiña o acceso a varias disciplinas terapéuticas rehabilitadoras, co obxectivo de mellorar a súa calidade de vida e fomentar a súa integración ao medio familiar, social e ocupacional.
• Servizo de transporte adaptado.
Trátase da prestación dun servizo diario de transporte adaptado porta a porta para persoas con mobilidade reducida do Concello de Ourense, mediante furgonetas adaptadas e persoal con experiencia.
• Servizo de ocio e tempo libre.
A Asociación AIXIÑA leva a cabo, dende a súa creación, un amplo programa de ocio e tempo libre que se desenvolve ano a ano e que ten como fin primordial achegar o ocio e ofrecer oportunidades de socialización a persoas que, debido ás súas grandes afectacións físicas ou físico-cognitivas, non teñen un acceso normalizado a outras actividades do mesmo tipo organizadas por institucións ou
outras entidades.
• Servizo de voluntariado.
O labor do voluntariado é moi importante para o desenvolvemento de moitas das actividades que se realizan coas persoas usuarias da asociación, que de outra
maneira non poderían ter lugar. A actividade do voluntariado céntrase sobre todo nos programas de ocio e tempo libre, colonias de verán e no desenvolvemento de
diversos talleres.
• Acción exterior.
Neste apartado recollemos as distintas actividades, eventos e sinerxias con outras
entidades, incluida a formación de alumnado en prácticas e as visitas didácticas ao Centro Integral de Servizos AIXIÑA.
A nosa localización é a seguinte:
CIS AIXIÑA, Rúa Recaredo Paz, nº1.
C.P 32005, Ourense.
Correo electrónico: informacion@aixina.org
Teléfono: 988233304 // 629576077
www.aixiña.es
Enche o formulario de contacto se desexas contactar coa asociación