ORIXE:
A Asociación de Discapacitados Físicos e Psíquicos de Mos “ASO.DI.FISI” naceu grazas a un grupo de persoas con discapacidade adultos e pais de nenos/as tamén con discapacidade no ano 1990 co fin de buscar solucións aos moitos problemas que sufrían as persoas con discapacidade e as súas familias
OBXECTIVOS:
O obxectivo xeral da Asociación é a integración das persoas con discapacidade no conxunto da sociedade, sendo esencial a mellora da calidade de vida das persoas pertencentes a este colectivo, sen olvidar que a súa realidade social vese perxudicada por problemas asociados á súa minusvalía (tanto de tipo social, como persoal: baixo nivel de formación, baixos recursos económicos, baixo nivel de cualificación profesional, baixo nivel de autoestima, depresións, etc).
ÁMBITO DE ACTUACIÓN:
Nun primeiro momento, centraba o seu traballo nas persoas con discapacidade do Concello de Mos, pero actualmente ten un ámbito de actuación comarcal, abarcando tamén a concellos limítrofes como son Redondela, Porriño, Vigo e Salceda de Caselas.
FORMAMOS PARTE DE:
Sendo xa membro da Federación de Asocións de Minusválidos Físicos de Pontevedra “FAMFIP”, no ano 1997, solicitouse o seu ingreso na Confederación Galega de Minusválidos “CO.GA.MI.” entrando así a formar parte da estructura de COCEMFE.
Que facemos en Asodifisi?
Dende o comezo desta Asociación tódolas actividades desenvolvidas están xestionadas pola Xunta Directiva e persoal contratado mediante os programas de Cooperación da Xunta de Galicia. Para actividades específicas, como son a realización de cursos (ximnasia de mantemento, cociña, cerámica…), a Asociación vese na necesidade de contratar monitores para a impartición dos mesmos.
Enche o formulario de contacto se desexas contactar coa asociación