A Federación de Asociacións de Persoas con Discapacidade Física de Pontevedra (COGAMI PONTEVEDRA) constitúese legalmente ou 3 de marzo de 1989. É a entidade máis representativa do movemento asociativo de persoas con discapacidade da Provincia de Pontevedra. Está conformada por 17 asociacións de persoas con discapacidade
Forma parte a nivel autonómico da estrutura asociativa de COGAMI ( Confederación Galega de Persoas con Discapacidade) e a nivel estatal é membro de COCEMFE (Confederación Española de Personas con Discapacidad Física y Orgánica).
MISIÓN:
A misión da federación é promover e coordinar a defensa dos dereitos das persoas con discapacidade cara a súa plena integración.
OBXECTIVOS:
ÁMBITO DE ACTUACIÓN:
O ámbito territorial da Federación, é o da provincia de Pontevedra.
As entidades membro son as seguintes:
ENTIDADES ASOCIADAS
As asociacións membro de COGAMI PONTEVEDRA son:
Na actualidade Cogami Pontevedra conta cos seguintes servizos:
Ten como finalidade proporcionar información e asesoramento a persoas ou entidades relacionadas directa ou indirectamente coa discapacidade.
No servizo se inclúe: normativa relacionada cos dereitos individuais e colectivos, beneficios do certificado de discapacidade, axudas económicas e técnicas, accesibilidade e supresión de barreiras, formación, asociacionismo, información sobre convocatorias, colaboración coas entidades para a preparación de proxectos e actividades e derivación a servizos e organismos adecuados.
O obxectivo final do servizo é o de dar cobertura ás necesidades das persoas con discapacidade a través dunha rede de Asociacións dirixidas a resolver os seus problemas, demandas e peticións, ademais de consolidarse como un punto de referencia para as entidades membro na provincia.
Recepción e captación de novas entidades membro con intereses incluidos nos estatutos da Federación.
Representatividade do colectivo de persoas con discapacidade na Provincia de Pontevedra.
Coordinación de servizos e actividades, solicitude e xestión de espazos para que as asociacións poidan levar a cabo a súa labor asociativa.
Asesoramento no deseño de proxectos e memorias.
A finalidade é a de fomentar que as persoas con discapacidade da Provincia de Pontevedra sexan capaces de alcanzar un nivel de vida máis autónomo e independente a través de:
Actividades de prevención.
Actividades rehabilitación física.
Actividades rehabilitación da linguaxe.
Actividades de atención social.
Actividades de lecer, deporte e participación social.
Actividades de sensibilización.
Enderezo: Rúa As Teixugueiras, nº 15
Código Postal: 36212
Localidade: Navia - Vigo
Provincia: Pontevedra
Correo electrónico: fed.cogamipontevedra@cogami.gal
Teléfono: 986487925 / 610191023
Facebook: https://www.facebook.com/cogamipontevedra1989
Enche o formulario de contacto se desexas contactar coa asociación