
ORIXE:
A Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple, Párkinson, ELA e outras enfermidades neurodexenerativas e enfermidades raras -ACEM- é unha entidade sen ánimo de lucro que nace no ano 1995 co fin de contribuir a mellorar a calidade de vida das persoas afectadas por estas doenzas, así coma a dos seus familiares e persoas coidadoras. No ano 2007 foi recoñecida como entidade de Utilidade Pública.
ACEM conta con máis de 30 anos de experiencia no colectivo de atención a persoas con discapacidade e dependencia. Así, no ano 2009 o concello de Santiago de Compostela cede unha parcela situada na R/ Queixume dos Pinos s/n, baixo réxime de concesión demanial, para a construción dun centro, que con data 27 de xuño do 2013 foi declarado de interese e utilidade municipal. É neste Centro de Rehabilitación Integral, onde ACEM ofrece unha atención multidisciplinar e integral, paliativa e preventiva a través dun equipo multidisciplinar de acción conxunta especializado no sector.
Os valores que ACEM propugna son a consideración das persoas con esclerose múltiple, párkinson, como suxeitos titulares de dereitos e deberes, a calidade e na súa actuación, o traballo en equipo, a eficia e a eficiencia, a mellora continua, e o compromiso co colectivo de persoas con EM, Párkinson, ELA e outras enfermidades neurodexenerativas.
MISIÓN:
A misión da ACEM é levar a cabo toda clase de accións destinadas a mellorar a situación das persoas con esclerose múltiple e doenzas semellantes, así como a das súas familias, a través da prestación de servizos socio-sanitarios, da sensibilización social e a defensa dos dereitos do colectivo.
ACEM ten como un dos seus principios constituírse nunha entidade consolidada e amplamente recoñecida pola sociedade en xeral, polos seus valores, compromiso, profesionalidade e liderada nas metodoloxías de traballo e na procura da excelencia nas actuacións dirixidas ó grupo social das persoas afectadas e/ou as súas familias.
ÁMBITO DE ACTUACIÓN:
O ámbito territorial propio de ACEM é o correspondente as provincias de A Coruña e Pontevedra (concellos e comarcas incluídas dentro do ámbito de atención, xeográfico, clínico e administrativo do Complexo Hospitalario Universitario Santiago de Compostela).
OBXECTIVOS
Os principais obxectivos de ACEM son:
PERSOAS ASOCIADAS:
O nº de persoas asociadas na actualidade é de 448.
FORMAMOS PARTE DE:
ACEM Santiago forma parte de AEDEM-COCEMFE (Asociación Española de Esclerosis Múltiple - Confederación Española de Personas con Discapacidad Física y Orgánica), FEGADEM (Federación Galega de Esclerose Múltiple), COGAMI (Confederación Galega de Persoas con Discapacidade); é entidade adherida á FEP (Federación Española de Párkinson) e colabora con AGAELA (Asociación Galega de Afectados de ELA) e ADELA (Asociación Española de ELA).
ACEM conta cun Programa de atención integral que es posible grazas a un equipo interdisciplinar formado por profesionais sociosanitarios que prestan os servizos de:
SERVIZOS
TERAPIAS COMPLEMENTARIAS
TERAPIAS GRUPAIS E SEMINARIOS
XORNADAS DIVULGATIVAS
EVENTOS SOLIDARIOS
CAMPAÑAS DE VISIBILIZACIÓN, SENSIBILIZACIÓN E CONCIENCIACIÓN
Rúa Queixume dos Pinos
CP: 15705
Localidade: Santiago de Compostela
Provincia: A Coruña
Teléfonos: 981 575 240 - 620 533 471
E-mail: acem.santiago@gmail.com
Redes sociais:
https://www.instagram.com/acem.santiago/
Enche o formulario de contacto se desexas contactar coa asociación
Xoves, 2 de decembro, ás 21hrs. Con RUXE RUXE. Online e en directo dende o estudo A Ponte dos Concertos.
O martes 3 de decembro as 17h terá lugar na sede da ACEM a xornada Vvir con eslcerose múltiple, na que se abordaranse temas relacionados coa planificación familiar.
Un ano máis, dende a Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple (A.C.E.M.) estamos a organizar a CARREIRA E ANDAINA SOLIDARIAS POLA EM que neste ano cursará a súa quinta edición. Nesta ocasión terá lugar o domingo 9 de xuño en Santiago de Compostela