ORIXE:
ALCER LUGO é unha asociación sen ánimo de lucro con fins de carácter social, que se constitúe na cidade de Lugo no ano 1981.
A súa función principal é a de ofrecer información e asesoramento sobre a insuficiencia renal crónica (I.R.C), ademais de prestar servizos e organizar actividades para mellorar a calidade de vida deste colectivo en torno a súa problemática.
MISIÓN:
É misión de ALCER-LUGO promover e coordinar a defensa dos dereitos das persoas con enfermidades renais e outras discapacidades cara a súa plena integración.
OBXECTIVOS:
Os fins principais son:
AMBITO DE ACTUACIÓN:
O ámbito de actuación territorial é a provincia de Lugo.
Na actualidade conta ó redor de 400 socios/as.
Entre os nosos servizos e actividades, destacamos:
Información, orientación e asesoramento sobre recursos sociais:
Xestión e coordinación do servizo de transporte sanitario en colaboración co Sergas.
Asesoramento psicolóxico e grupos de apoio para persoas con enfermidade renal e os seus familiares.
Asesoramento dietético e nutricional en todas as etapas.
Colaboración con OCT (Oficina de Coordinación de Transplantes)
Elaboración e desenvolvemento de proxectos sociais.
O noso enderezo é:
Rúa Infanta Elena, n. 11.
Casa Clara Campoamor, Local 5-7.
Lugo.
Teléfono: 982243231
Teléfono móbil: 619609797
correo electrónico: alcerlugo@gmail.com
Páxina web: http://alcerlugo.org/
Enche o formulario de contacto se desexas contactar coa asociación