Asociación para a loita contra as enfermidades renais de Ourense

Asociación para a loita contra as enfermidades renais de Ourense

  • Dirección: Rúa Recaredo Paz nº 1 - CIS Aixiña
  • Código Postal: 32005
  • Localidade: Ourense
  • Provincia: Ourense
  • Correo electrónico: alcerourense@hotmail.com
  • Teléfono: 988229615
  • Teléfono móbil: 663780330
  • Fax: 988229615
  • Páxina Web: www.alcerourense.com

ORIXE:

Constitúese o 29 de xaneiro de 1982. Somos unha ONG de carácter sanitario e social, non lucrativa e declarada de utilidade pública.

MISIÓN:

A súa misión é contribuir á axuda moral, física e social de modo integral de todas aquelas persoas afectadas de enfermidades renais así como dos seus familiares, mellorando a súa calidade de vida, tentando previr as enfermidades do ril mediante o desenvolvemento de actividades de sensibilización e concienciación.

OBXECTIVOS:

O traballo que leva esta asociación, a través de tódalas actividades programadas ó longo do ano, é totalmente desinteresado, tratando de:

  • Sensibilizar o conxunto da sociedade e fomentar a doazón de órganos, a través de campañas de sensibilización e concienciación da Insuficiencia Renal Crónica Terminal (IRCT).
  • Ofrecer atención a tódolos enfermos renais e as súas familias.
  • Promover un estado de opinión favorable cara as persoas enfermas coa finalidade de conseguir a total integración deste colectivo en tódolos ámbitos da vida.
  • Subsanar e paliar posibles carencias que presenta a administración ou onde esta non pode chegar.

ÁMBITO DE ACTUACIÓN:

O noso ámbito de actuación é a provincia de Ourense.

PERSOAS ASOCIADAS:

ALCER Ourense conta entre as súas persoas asociadas con persoas con enfermidade renal crónica avanzada, a tratamento de diálise, transplante, familiares e colaboradores.

FORMAMOS PARTE DE:

Federación ALCER Galicia

Federación Nacional ALCER

En ALCER Ourense traballamos nos siguientes ámbitos para dar a máxima cobertura ás necesidades e demandas das personas con enfermidade renal e os seus familiares, así como para previr a enfermidade renal e fomentar a doazón de órganos:

ATENCIÓN SOCIAL, INFORMACIÓN E INFORMACIÓN: dirixido a persoas con enfermidade renal e ós seus familiares. Realizamos visitas quincenais a pacientes en diálise, dándolles apoio ó longo de todo o seu tratamento, así como resolvendo as súas dúbidas. Ofrécese información e realízanse trámites de índole social a quenes o necesitan.
Poñemos en contacto as personas que o desexan con pacientes que pasan ou pasaron polos diferentes tratamentos para resolver dúbidas e para que coñezan de man dun paciente as particularidades de cada tratamento, complementando a información médico-sanitaria que reciben na consulta de nefroloxía.
Organizamos convivencias de socios para compartir experiencias.

PREVENCIÓN: lévanse a cabo ó longo do ano diferentes campañas de prevención da enfermidade renal, co obxetivo de dar a coñecer a insuficiencia renal crónica (IRC) e os seus principais factores de risco.

DIVULGACIÓN: fomentamos a doazón de órganos coa execución de campañas informativas, ofrecemos dar charlas sobre este tema e colaboramos coa Oficina de Coordinación de Transplantes de Galicia no Proxecto Salvavidas, levado a cabo en centros educativos para sensibilizar sobre a doazón de órganos ós máis novos.

Participamos en diferentes eventos que, non sendo propios, teñen relación coa atención social a persoas con IRC, coa enfermidade renal, a discapacidade, o fomento da doazón de órganos e temáticas afins ós nosos obxetivos.

Enderezo:

Rúa Recaredo Paz nº 1 - CIS Aixiña

CP:32005

Localidade: Ourense

Provincia: Ourense

Teléfonos: 988 229 615 / 663 780 330

E-mail: alcerourense@hotmail.com

Web: www.alcerourense.com

Facebook: Asociación Alcer Ourense

Twitter: @AlcerOurense

Canal de Youtube

Estamos no CIS Aixiña ó lado de Expourense e do Paco Paz. A 15 minutos a pé do Xardín do Posío. Chegan ata alí as liñas de autobuses 12 e 16.

Enche o formulario de contacto se desexas contactar coa asociación