Asociación para a Loita Contra as Enfermidades do Ril

Asociación para a Loita Contra as Enfermidades do Ril

  • Dirección: Rúa Benito Corbal núm.45 (Portal lateral rúa Javier Puig Llamas nº1), piso 3 local 1
  • Código Postal: 36001
  • Localidade: Pontevedra
  • Provincia: Pontevedra
  • Correo electrónico: infoalcerpontevedra@gmail.com
  • Teléfono: 986108285
  • Teléfono móbil: 693714005
  • Páxina Web: www.alcer.org

Ante o grave problema que representan as enfermidades do ril en Galicia e España, as persoas que padecen esta doenza decidiron construírse en asociación que ten como finalidade contribuír á axuda moral e física de todas as persoas afectadas de enfermidade do ril, así como a prevención e loita contra estas enfermidades mediante o desenvolvemento de todas as actividades necesarias para iso.

OBXECTIVOS

- Contribuír á axuda social, moral e laboral das persoas (e familiares) afectadas de enfermidades de ril ou outros padecementos.

- Asistencia e información  aos enfermos de ril e outras doenzas descritas nos seus aspectos sanitario e social, especialmente no concernente a asistencia por facultativos e persoal sociosanitario especializados.

- A Atención en procesos de rehabilitación psicosocial das persoas con discapacidade xerada por doenzas crónicas de ril, establecendo servizos de asesoramento laboral, educativo, asistencia social e psicolóxica, ademais dos que se crean necesarios para unha atención integral.

- Desenvolver programas e actividades, dentro da propia discapacidade, dirixidos especificamente á atención das persoas maiores.

- Promover e poñer en funcionamento todo tipo de actividades deportivas, culturais e educativas que faciliten a participación e atención sociosanitaria do colectivo.

- ...

ÁMBITO DE ACTUACIÓN

O ámbito territorial da acción da asociación esténdese a provincia de Pontevedra.

Desde ALCER Pontevedra contamos cos seguintes servizos:

  • Servizo de información e atención integral.
  • Intervención social profesional coa persoa, a familia e/ou a persoa cuidadora (de ser o caso) e o entorno que lles rodea.
  • Asesoramento personalizado e nutricional.
  • Actividades educo-formativas e de sensibilización social: cursos, mesas informativas, promoción de doazón de órganos e texidos, trasplante, etc...
  • Atención personaliada nas salas de diálisis.

A nosa dirección é:

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Rúa Benito Corbal nº 45 (Portal lateral rúa Javier Puig Llamas nº1) piso 3 local 1

Pontevedra 36001

Enche o formulario de contacto se desexas contactar coa asociación

   

Non se atoparon resultados!