ORIXE:
Constituída o 17 de xuño de 2010, Algaria somos unha asociación sen ánimo de lucro creada coa fin de dar resposta ás necesidades da poboación con discapacidade física na comarca da Limia.
MISIÓN:
Conseguir a plena inclusión das persoas con discapacidade en tódolos ámbitos da sociedade, a través da defensa e promoción dos seus dereitos, da reivindicación do cambio social e da prestación de servizos que satisfagan as súas necesidades e expectativas.
OBXECTIVOS:
Os obxectivos principais que se pretenden acadar son os seguintes:
PRINCIPIOS E VALORES
Os valores que ALGARIA propugna son a consideración das persoas con discapacidade como suxeitos titulares de dereitos e deberes, a calidade na súa actuación, a eficacia e a eficiencia, a mellora continua, o compromiso polo conxunto do grupo de persoas con discapacidade.
ÁMBITO DE ACTUACIÓN.
Comarca de A Limia, formada polos concellos de Xinzo de Limia, Vilar de Barrio, Sarreaus, Trasmiras, Vilar de Santos, Rairiz de Veiga, Sandiás, Porqueira, Calvos de Randín, Os Blancos e Baltar.
Actividades:
- Información e Campañas de Sensibilización.
- Ocio e Tempo Libre.
- Formación.
- Servizos de Recuperación Funcional (Fisioterapia e Terapia Ocupacional).
Enche o formulario de contacto se desexas contactar coa asociación