ALUCEM (Asociación lucense de esclerose múltiple) foi creada no ano 1996 por un grupo de persoas afectadas de Esclerose Múltiple.
Naceu por mor da procura de respostas á esclerose múltiple, unha doenza especialmente descoñecida na nosa provincia por aquel entón. Leva 20 anos de traballo e forma parte de AEDEM (Asociación Española de Esclerose Múltiple) e de FEGADEM (Federación galega de Esclerose Múltiple).
A finalidade da asociación é mellorar a calidade de vida das persoas afectadas de esclerose múltiple. Para elo desenrola a diario diferentes servizos de cara a unha atención integral as persoas afectadas da provincia lucense:
Este programa busca a melloría da autonomía das persoas afectadas por esclerose múltiple ou enfermidades afíns a través da exercitación gradual e adaptada das funcións de cada persoa
Ademais conta con dous subprogramas asociados o programa de rehabilitación: por unha parte o Servizo de Hidroterapia e por outra parte o programa de terapias non farmacolóxicas, neste caso especificamente pilates
Este programa ten como finalidades ás seguintes: informar sobre a EM ós diferentes colectivos da sociedade, mellorar a calidade de vida das persoas afectadas así como dos seus coidadores e coidadoras, dinamizar ós socios e socias coa realización de diferentes actividades socioeducativas, culturais e de lecer, realización de diferentes proxectos para a consecución de obxectivos, etc.
É un programa no cal ofrecen a súa acción voluntaria un grupo de persoas de maneira altruísta que colaboran nas diferentes actividades da asociación
Co fin de ofrecer vantaxes para os socios e socias de ALUCEM, ofrecemos unha serie de convenios de colaboración con diferentes empresas que implican descontos en diversos produtos e/ou servizos
Avogados CABO & MOSQUERA
Ortopedia ORTOJOSBEL
Gabinete psicolóxico Diana Blanco
Avenida Infanta Elena, 11 - Casa Clara Campoamor, Local 9
27003 Lugo (LUGO)
Enche o formulario de contacto se desexas contactar coa asociación