Delegación da Coordinadora Nacional de Artrite

Delegación da Coordinadora Nacional de Artrite

  • Dirección: Casa das Asociacións de Benestar (CABES). Rúa Manuel María, 6 Salgueiriños
  • Código Postal: 15705
  • Localidade: Santiago de Compostela
  • Provincia: A Coruña
  • Correo electrónico: santiago@conartritis.org
  • Teléfono: 659 084 950
  • Teléfono móbil: 659 084 950
  • Páxina Web: http://artrite-santiago.blogspot.com/


ORIXE:

ConArtritis-Santiago, é unha Delegación fundada no ano 2018, que  pertecene á Coordinadora Nacional de Artrite ( ConArtritis) a cal ten máis de 15 anos traballando con persoas con artrites. A  nosa Delegación  ten coma  fins  principais:

Por outra banda, A Coordinadora Nacional de Artrite ( ConArtritis) é unha organización sen ánimo de lucro que se constituíu o 5 de outubro de 2004 co obxectivo de velar polas persoas con artrite reumatoide, artrite  psoriásica, artrite  idiopática xuvenil e  espondiloartritis, con ou sen discapacidade física e orgánica, desde un punto de vista sanitario, social, laboral e familiar, orientándolles e facilitándolles canta información, documentación e asesoramento lles sexa de interese.

 

MISIÓN:


ConArtritis ten como misión integrar e representar ás asociacións de persoas con artrites #ante as administracións e os xestores sanitarios coa finalidade de promover iniciativas públicas e lexislativas que redunden na plena integración social e laboral, e na mellora da calidade de vida dos pacientes.

ConArtritis proporciona ás asociacións de persoas con artrites que engloba, a súa experiencia e asesoría, así como información de relevancia sobre a artrite, e os últimos avances médicos e científicos para o seu tratamento. De maneira continua,  ConArtritis promove o coñecemento da enfermidade e as súas consecuencias entre a sociedade en xeral.

 

OBXECTIVOS:

  • A nosa Delegación ten como fins principais:
  • A mellora da calidade de vida dos enfermos de artrite reumatoide e enfermidades  afins.

  • A axuda, apoio e asistencia a todos os afectados ou familiares.
    A preparación e información sobre a nosa enfermidade.

  • A defensa dos nosos intereses comúns, recibir información e divulgala.


Durante estes anos asistimos a moitos pacientes e familiares que coas súas preguntas, preocupacións e experiencias axudáronnos a coñecer mellor cales son as nosas necesidades e prioridades como colectivo. Así constatamos que os pacientes con artrites e as súas variantes precisabamos, e precisamos, un espazo aberto para o apoio mutuo e o intercambio de información e experiencias. Isto é o que tratamos de ofrecer desde  ConArtritis-Santiago na que brindamos tanto a orientación no mesmo momento do diagnóstico, como o acompañamento en distintos procesos (información sobre os tratamentos que existen, como afrontar a enfermidade a nivel persoal e familiar, solicitude da condición de minusvalía/incapacidade laboral...)

 

VALORES:

  • Compromiso cos  pacientesntes

  • Representación

  • Transparencia

  • Traballo en equipo

ORIENTACIÓN E ASESORAMENTO

É unha das funcións fundamentais da nosa delegación. Consiste en facilitar información e orientación sobre a enfermidade e o seu impacto na vida laboral, familiar, social...e sobre todo adaptarse á enfermidade para que a calidade de vida non se vexa afectada. Complementariamente á información e orientación que poden ofrecer os profesionais sanitarios, dende ConArtritis-Santiago podemos aconsellar sobre aspectos prácticos para aplicar na vida cotiá. En determinados momentos é moi importante prestar ás pacientes de artrite un apoio non só informativo, senón tamén emocional, pois as persoas que integramos a asociación podemos comprender mellor que ninguén as situacións e padecementos derivados desta doenza, pola nosa propia experiencia persoal. Concibimos a ConArtritis-Santiago polo tanto, como un espazo de encontro entre pacientes, no que compartir experiencias, vivencias, coñecementos, e poder aprender da experiencia propia e dos demais.

 

SENSIBILIZACIÓN E DIVULGACIÓN

A través de charlas, mesas informativas, contacto cos medios de comunicación, etc., pretendemos a sensibilización e divulgación cunha dobre perspectiva:

  • Cara a sociedade. Consideramos necesario concienciar sobre esta doenza, pois a pesar de que “artrite” é un termo que todo o mundo escoitou algunha vez, e sobre o que se teñen certas ideas preconcibidas, trátase dunha doenza da que existen prexuízos erróneos e que resulta aínda bastante descoñecida pola sociedade

  • Cara as persoas que padecen artrites, e as súas familias. Para coñecer aspectos concretos sobre a enfermidade: estudos, axudas técnicas, tratamentos, etc.


ACTIVIDADES SOCIOCULTURAIS E DE SAÚDE


Organizamos actividades de lecer saudable, como excursións culturais, estancias en balnearios, actividades físicas... Estes encontros, nos que compartimos momentos de   esparcemento e diversión, serven ademais para establecer vínculos entre as persoas afectadas de artrites.

 

SERVIZO XURÍDICO

Contamos cunha avogada que presta asesoramento xurídico acerca de cuestións relacionadas coa enfermidade.

Casa das Asociacións de Benestar Social (CABES)


Rúa Manuel María, 6 Salgueiriños

15705 de Santiago de Compostela

Podes saber máis de nós neste blog http://artrite-santiago.blogspot.com/

 

Enche o formulario de contacto se desexas contactar coa asociación

                

Non se atoparon resultados!