Grupo de Diversidade Funcional de Ferrol e Comarca

Grupo de Diversidade Funcional de Ferrol e Comarca

  • Dirección: Rúa Colónl, Esquina Mendizábal, Bloq. 5, Baixo 39
  • Código Postal: 15403
  • Localidade: Ferrol
  • Provincia: A Coruña
  • Correo electrónico: diversidadefuncionalferrol@hotmail.com
  • Teléfono: 981930544

ORIXE

A Asociación Grupo Diversidade Funcional Ferrol e Comarcas nace en 1980, legalizada como unha necesidade de sumar os esforzos dun colectivo das persoas con discapacidade física de Ferrol, que xa viñan de levar as súas reivindicacións sociais por máis de cinco anos atrás nomeándose Grupo Minusválidos Ferrol.

No ano 2008, data que se aproba a Convención da ONU sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade, acórdase cambialo nome de Minusválidos por Diversidade funcional, polas connotacións que supón de igualdade, de dignidade, de liberdade, e de non considerar as persoas menos válidas ou menos capaces pola súa diferente forma de funcionar, física, intelectual ou mentalmente, ou calquera outra..

MISIÓN

Reclamar os dereitos humanos das persoas con discapacidad, recollidos pola Convención da ONU do 2008, o que obriga ós Estados a cumprilos, universalizando dereitos coma a vida independente, accesibilidade universal, educación inclusiva.

ÁMBITO DE ACTUACIÓN

Extende a súa actividade ás comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal, na provincia de A Coruña.

OBXECTIVOS

  • A promoción e a defensa das condicións de vida das persoas con diversidade funcional. Esta defensa levarase a cabo mediante accións de reivindicación e xestionando actuacións e servizos dirixidos a previr e evitar as causas que as xeren, ata conseguir  a súa plena integración social.
  • Coordinar, impulsar e potenciar os obxectivos e as actividades dos seus membros.
  • Representar os seus membros diante das administracións públicas e doutros axentes sociais, tanto persoas xurídicas como físicas, para a defensa dos intereses e a resolución dos problemas que afecten ás persoas con discapacidades.
  • Promover a cooperación internacional e o desenvolvemento, así como a loita contra a pobreza no ámbito da discapacidade a escala internacional.
  • Promoción e desenvolvemento persoal e social da muller con discapacidade loitando pola súa igualdade de oportunidades na esfera social.
  • Desenvolver programas e actividades, dentro da propia esfera da discapacidade, dirixidos específicamente á atención da infancia e xuventude, persoas maiores ou calquera outro tipo de colectivo en risco de exclusión social.
  • Promover e poñer en funcionamento todo tipo de iniciativas culturais, educativas e de lecer orientadas ás persoas con discapacidade.

En concreto, intenta loitar contra a vulneración continua dos seus dereitos:

  • A Asistencia Persoal para poder elixir onde e como ter unha vida independente, a non ser segregado da sociedade e do seu entorno físico e familiar (algúns levan nos centros case trinta anos),  a formar a súa familia, á sexualidade, á dignidade e o respeto a súa intimidade.
  • A ter pensións dignas (algunhas son de 347 euros), e non de supervivencia.
  • A Educación Inclusiva cos demais nenos e nenas con todos os recursos que precisen e non apartados en centros especiais. A respetar o dereito a educación nos centros ordinarios.
  • A accesibilidade nas rúas, nos edificios e nos transportes urbanos e interurbanos, nos trens, nos taxis... A esixir Ordenanzas Municipais de Accesibilidade no seu Concello, e que se estea obrigado a cumprilas.

 

 

A Asociación Grupo Diversidade Funcional Ferrol e Comarcas, desenvolve os seus obxectivos a través das seguintes actuacións como a principal forma de implicación social:

  • Información e orientación das convocatorias de axudas, solicitudes da ONCE, emprego, lexislación, etc.
  • Formación permanente.
  • Participación no Tempo Libre, na Cultura e no Deporte.
  • Participación na Federación Provincial da Coruña de COGAMI e COCEMFE.

Entre as nosas actividades, realizamos:

  • Facilitar o acceso á formación e a incorporación no mercado laboral.
    • Preparar e formar  nos conceptos básicos que forman parte dos contidos teóricos das competencias chave.
    • Pretender que todas as persoas poidan dispor da axuda necesaria para poder acceder a eles.
  • Obradoiro de teatro:
    • Obxectivos:
      • Adecuar as actitudes corporais o mellor posible ó desenvolvemento da intervención oral, de modo que unha e outra se desenrolen en sentido paralelo.
      • Desenvolver a capacidade comunicativa do corpo, do xesto, das mans...
      • Controlalos sentimentos, as emocións.
      • Coñecela traxectoria do teatro dende a súa orixe.
      • O coñecemento das técnicas de expresión e interpretación.
  • Obradoiro de nutrición e alimentación:
    • Obxectivos:
      • Que os participantes aprendan a alimentarse de modo equilibrado mediante:
        • Unha selección e combinación adecuada dos alimentos.
        • O emprego de técnicas culinarias saudables.
        • Un reparto adecuado das comidas ó longo do día.
  • Obradoiro de lectura fácil na comunicación.
    • Obxectivos:
      • Aumentar a motivación dos participantes, sobre todo  para persoas con discapacidade intelectual e con dificultades de comprensión lectora.
      • Fomentar a necesidade de manter a mente activa e frear o deterioro cognitivo.
      • Compartir cas demais persoas unha actividade de lecer, para axudar á socialización.
  • Obradoiros de autoestima:
    • Obxectivos:
      • Tomar conciencia da imaxe que temos de nos mesmos.
      • Identificar as nosas características máis positivas.
      • Non avergoñarse dos nosos aspectos máis negativos.
      • Valorar as nosas accións e as dos demáis da forma máis adecuada.
  • Xornada sobre asistencia persoal e vida independente:
    • Obxectivos:
      • Proporcionar autodeterminación e independencia ás persoas con diversidade funcional.
      • Procurar a mellor calidade de vida e desenvolvemento no propio fogar e a integración social no entorno comunitario.
      • Incrementar a seguridade, confianza e autoestima.
  • Programas de vida comunitaria:
    • Fomentamos a participación activa no entorno da nosa comunidade, favorecendo a inclusión real.
    • Programamos saídas e xuntanzas con outras asociacións para estimulalo interese polos distintos aspectos da sociedade.
  • Programas de habilidades sociais e da vida diaria:
    • Pretendemos que os usuarios desenvolvan todas as áreas de habilidades adaptativas necesarias para a súa integración e adaptación na comunidade, así como reforzar e potenciar as que xa teñen.
  • Transporte adaptado:
    • A asociación ofrece un servizo de transporte adaptado para todos aqueles usuarios interesados no mesmo que lles permita levar a cabo actividades.

O noso local social  está sito en rúa Colón esq. Mendizábal, B/4, P/5, baixos 38-39, en Ferrol.    

O noso horario é:

Luns a venres de 8:30 h a 14:00 h.

Luns, martes e xoves de 16:30 a 20:00 h.

Enche o formulario de contacto se desexas contactar coa asociación

Non se atoparon resultados!