Asociación de Persoas con Discapacidade Vontade

Asociación de Persoas con Discapacidade Vontade

  • Dirección: Barrio da Rocha, 19 B
  • Código Postal: 36740
  • Localidade: Tomiño
  • Provincia: Pontevedra
  • Correo electrónico: info@vontade.org
  • Teléfono: 986 623 044 / 986 098 261
  • Teléfono móbil: 674 031 264
  • Fax: 986 098 269
  • Páxina Web: www.vontade.org

ORIXE:

En Abril de 2003 un grupo de persoas da comarca do Baixo Miño deciden convocar unha serie de reunións cos servizos sociais dos concellos e outras entidades implicadas no eido da discapacidade (COGAMI, FAMFIP), coa intención de crear unha asociación de persoas con discapacidade física.

Vontade nace, polo tanto, da "vontade" común dun grupo de persoas que comparten similares problemáticas dentro dunha comarca e que queren contribuír activamente na resolución das mesmas.

MISIÓN:

É misión de Vontade promover e coordinar a defensa dos dereitos das persoas con discapacidade cara a súa plena integración.

ÁMBITO DE ACTUACIÓN:

O ámbito de actuación de Vontade é provincial, incidendo en maio medida na comarca de referencia do Baixo Miño (A Guarda, Oia, O Rosal, Tomiño, Tui) e estendéndose ata a Area Intermunicipal de Vigo (Soutomaior, Redondela, Fornelos de Montes, Pazos de Borbén, Mos, O Porriño, Salvaterra de Miño, Salceda Caselas, Vigo, Nigrán, Gondomar e Baiona).

 

OBXECTIVOS:

Os principais fins de Vontade son:

  • Defender a dignidade e os dereitos das persoas con discapacidade.
  • Promover a plena integración escolar, laboral e social das persoas con discapacidade.
  • Crear as condicións para que as persoas usuarias poidan cumprir adecuadamente a misión.
  • Promover actitudes sociais positivas cara as persoas con discapacidade.
  • Reunir e difundir información xeral e especializada sobre os problemas da discapacidade.
  • Desenvolver programas e actividades a favor deste colectivo.
  • ...

Entre as nosas actividades, destacamos:

  • Centro de Día.

  • Fisioterapia, terapia ocupacional, psicoloxía, logopedia, traballo social.

  • Obradoiros formativos, manualidades, obradoiro de novas tecnoloxías, video-fórum, excursións...

  • Transporte adaptado, deportes náuticos, ocio e tempo lecer.

  • Apoio aos servizos de atención temperá da Mancomunidade.

  • Atención á infancia.

Estas actividades lévanse a cabo co obxectivo de acadar a máxima autonomía das persoas usuarias e destes, para así favorecer, por medio de todas as ferramentas e estratexias posibles, a participación das persoas con discapacidade en todos os seus ámbitos.

Podes coñecer máis sobre os nosos servizos visitando esta ligazón así como o noso facebook.

O noso enderezo é:

 

Barrio da Rocha, 19 B

C.P 36740, Tomiño, Pontevedra.

Correo electrónico: info@vontade.org

Teléfono: 986 623 044 / 986 098 261

Páxina Web: www.vontade.org

Enche o formulario de contacto se desexas contactar coa asociación

Non se atoparon resultados!