Preciso axuda para solicitar o certificado de discapacidade, a onde podo dirixirme?

Para solicitar o certificado de discapacidade podemos acudir aos Servizos Sociais dos concellos, aos centros de saúde, ou ben, achegarse a calquera servizo de información, asesoramento e orientación de calquera asociación/entidade/oficina de COGAMI.

O recoñecemento da discapacidade efectúase a través dos Equipos de Valoración e Orientación correspondente.

Ampliamos información na guía de recursos.