Formación de Adultos

Distinguimos tres niveis:

  • Nivel I – Alfabetización: Para adquirir coñecementos formativos de lecto-escritura, destrezas manuais e habilidades básicas de socialización.
  • Nivel II- Alfabetización: Para consolidar coñecementos e técnicas instrumentais básicas que faciliten a promoción persoal, social e laboral, así como a continuación noutros procesos formativos (formación ocupacional, grao de secundaria para persoas adultas...).
  • Nivel III- Graduado: Preparación por libre de probas para a obtención do graduado de Ensino Secundario Obrigatorio.

Lugares onde se imparte a formación:

Alfabetización: Boimorto, Lugo, Monterroso, Silleda, A Estrada, Ponteareas, Tui e Mos (Cofinanciado pola Xunta de Galicia, Consellería de Traballo e Benestar).

Graduado en E.S.O.: Ferrol e Mos (Cofinanciado pola Xunta de Galicia, Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria) e Tui (Cofinanciado pola Xunta de Galicia, Consellería de Traballo e Benestar).