Unión Europea. Erasmus +

Unión Europea. Erasmus +

A través deste organismo fináncianse catro proxectos europeos en COGAMI:

O proxecto DIS-TIME, que está no marco do programa Erasmus + (KA105-Youth mobility), no que 2 persoas voluntarias de dous países distintos, que neste caso foron de Bélxica e de Romanía, participaron nas actividades de varios centros de traballo de COGAMI. Ademais, deseñaron e levaron a cabo actividades elas mesmas, aínda que sempre baixo a supervisión directa dunha persoa profesional da organización. Este programa desenvolveuse en 2015 e 2016.

A través do proxecto Be+, dúas voluntarias procedentes de Grecia estiveron colaborando e realizando acitividades de voluntariado nol centro de recursos de Fingoi en Lugo durante 10 meses comprendidos entre 2017 e 2018.

O segundo proxecto financiado é Arts, que como o propio nome indica, ten como obxectivo desenvolver unha rede europea de acreditación de competencias adquiridas polas persoas con discapacidade a través da súa participación en actividades artísticas. Participan entidades de Suecia, UK, Italia, Grecia e España.

Neste blog A.R.T.S. pódese seguir o desenvolvemento do programa.

A Comisión Europea e  Erasmus+ KA1 Youth Exchange application 1.800,00 WE (Wellness and Environment) tamén financia un intercambio de mozos/as (4/5 participantes entre 18-25 anos) co obxectivo de organizar unha exhibición explicando os resultados das súas reflexións a través de fotografías, súas creacións e ideas editadas.

Este vídeo resume o proxecto Wellness and Environment.