ORIXE
Esta entidade foi fundada no ano 1989, por un grupo de persoas con discapacidade da Mariña Lucense, coa finalidade de coordinar e promover a defensa dos intereses das personas con discapacidade para así conseguir a máxima atención social á problemática que representan, e a súa total integración na sociedade. Foi declarada de utilidade pública no ano 2013.
MISIÓN
- Facer un labor de promoción dos dereitos individuais e colectivos das persoas con discapacidade.
- Informar, asesorar e orientar en tódolos eidos da integración do colectivo.
- Realizar actividades formativas que respondan ás necesidades detectadas, de xeito que favorezan a integración educativa, laboral e social.
- Potenciar a participación das persoas con discapacidade en tódolos sectores posibles.
ÁMBITO DE ACTUACIÓN
Dirixímonos á poboación en xeral, profesionais, Organismos Públicos, Privados e Entidades que traballan có sector da discapacidade.
Particularmente dirixímonos ás persoas con discapacidade física da Comarca da Mariña Lucense, que precisen información sobre cuestións derivadas da súa discapacidade.
PERSOAS ASOCIADAS
Actualmente contamos con 183 persoas asociadas.
SERVIZO DE INFORMACIÓN ORIENTACIÓN E ASESORAMENTO
Este servizo ten como finalidade dar respostas ás carencias e necesidades de Información do noso colectivo, dirixíndonos á persoas discapacitada, a súa familia e aos profesionais directamente implicados.
SERVIZO DE INTERMEDIACIÓN LABORAL
A Asociacion colabora co Servizo de Intermediación Laboral (SIL da COGAMI), trátase dun servizo especializado de apoio á incorporación ao mercado laboral das persoas con discapacidade.
PROMOCIÓN DO MOVEMENTO ASOCIATIVO
En colaboración coa Federación de Asociacións de persoas con Discapacidade de Lugo (COGAMI-LUGO), lévase a cabo actividades de potenciación do movemento asociativo co obxectivo de que sexan as propias persoas afectadas as que asuman a súa problemátiva e busquen as solucións máis axeitadas.
CAMPAÑAS DE DIFUSIÓN E SENSIBILIZACIÓN
- Charlas informativas dirixidas ás persoas con discapacidade e ás súas familias,para dar a coñecer os recursos cos que conta o movemento asociativo, e coñecer as súas necesidades.
- Presentación de servizos ás entidades e profesionais para dar a coñecer a estrutura do movemento asociativo e os programas e servizos cos que conta.
ACTIVIDADES DE FORMACIÓN
Xestionamos a inscripción para a realización de cursos dirixidos a Persoas con Discapacidade inscritas como demandantes de emprego. Os cursos impártense na modalidade presencial e a distancia, e pertencen á familia profesional da Administración, Oficinas, Informática e Xardinería.
Realízanse talleres de Iniciación á Informática básica, Mecanografía, Reparación de pequenos electrodomésticos, Pintura ao óleo, Fotografía dixital e tala de madeira.
PROGRAMAS DE OCIO, TEMPO LIBRE E SAÚDE
Realízanse actividades para mellorar a calidade de vida das persoas, e potenciar a prevención. Por exemplo mediante saídas culturais, respiro familiar e termalismo, rehabilitación física e fisioterapia, talleres de autoestima, coidado persoal e charlas de prevención de Lesións Medulares.
CRD PALMEIRO
SEDE SOCIAL
Enderezo: Rúa Ibañez Nº 2 (Centro Sociocomunitario)
CP: 27700
Localidade: Ribadeo
Provincia: Lugo
Teléfono: 982.130.289
E-mail: amarina@cogami.gal
LOCAL CONCELLO BURELA
Enderezo: Local Asociacións da Antiga praza de Abastos, Praza da Mariña s/n- 1º
CP: 27880
Localidade: Burela
Provincia: Lugo
CRD PALMEIRO
Enderezo: Urbanización Palmeiro s/n, A Regueira
CP: 27870
Localidade: Xove
Provincia: Lugo
Teléfono: 982592765
Enche o formulario de contacto se desexas contactar coa asociación