ORIXE:
A asociación de Discapacitados Físicos de Carballiño e Comarca,créase en Febreiro do ano 2006 co fin de dar resposta á demanda do colectivo de persoas con discapacidade desta Comarca. Esta funciona correctamente ata o ano 2012 que empeza en decadencia. En Novembro do 2014 comeza con unha nova directiva que loita para que non se perda collendo soamente a parte social e en setembro do 2015 reabre as suas portas o público realizando xa actividades para os seus socios.
ÁMBITO DE ACTUACIÓN:
O seu ámbito de actuación é comarcal, abarcando os concellos de Beariz, Boborás, O Carballiño, O Irixo, Maside, Piñor, Punxín, San Amaro e San Cristovo de Cea.
OBXECTIVO:
A Finalidade de ASDIFICA é mellora-la calidade devida e lograr a plena integración das persoas con discapacidade, tanto no ámbito social como no laboral ainda que este último non está en función desde o 2014.
Os obxectivos Xerais son os seguintes:
-Promover o cambio social no referido o colectivo de persoas con discapacidade física e orgánica.
.-Buscar os medios axeitados para evitar a marxinación social.
-Fomentar a integración sociolaboral das persoas con discapacidade física.
Dende ASDIFICA trabállase en varias áreas da vida social, loitamos para que as persoas con discapacidade poidan acceder a unha vida normalizada dentro do contexto social que engloba a tódolos grupos de poboación, que compoñen unha comunidade social.
Actualmente e a través dos diferentes programas da Asociación préstanse unha serie de servicios, co obxectivo de modificar a situación actual das persoas con discapacidade, de cara á integración e normalización social dentro dun programaAS de achegamento da información ás persoas e tamén a todo o entorno social que as rodea.
-SERVIZO DE INFORMACIÓN E ASESORAMENTO
O encargado de levar a cabo este Programa e a Aux. Administrativo da Asociación, que responde a todo tipo de cuestións que poidan plantexarlle tanto a persoas con discapacidade, familiares, amigos ou profesionais; socios e non socios, a través da Traballadora Social de Discafis-Cogami, Servizos Sociais do Concello de Carballiño e da Mancomunidade de Concellos de O Carballiño.
-SERVIZO DE REHABILITACIÓN
-Fisioterapia: O seu principal obxectivo é o de potenciar o máximo as capacidades funcionais da persoa con discapacidade física, para así conseguir que sexan mais independentes posibles e de esta forma mellorar a súa calidade de vida.
PROGRAMA DE SENSIBILIZACIÓN SOCIAL
O dar a coñecer os programas e actividades da Asociación, así como necesidades, demandas e expectativas do colectivo de persoas con discapacidade, é unha das preocupacións desta entidade.
PROGRAMA DE ELIMINACIÓN DE BARREIRAS
As barreiras ás que se enfrontan as persoas con discapacidade física, e en particular as que teñen mobilidade reducida, son a principal causa de discriminación, impedindo que leven unha vida “normal” e indicindo na súa vida social e laboral. Dende a asociación intentamos velar para que as barreiras desaparezan e se cumplan o disposto na lexislación específica.
PROGRAMA DE INTEGRACIÓN LABORAL
Un dos obxectivos desta Asociación é a inserción laboral de persoas con discapacidade física nas diferentes empresas da nosa contorna por medio de orientación laboral.
PROGRAMA DE OCIO E TEMPO DE LECER
Dende a Asociación infórmase de actividades de ocio e tempo de lecer, así como por exemplo das casas adaptadas a persoas con mobilidade reducida ou programas promovidos pola administración pública ou entidades privadas.
Estamos no Carballiño,
Avda Julio Rodriguez Soto nº37 1º andar porta C
C.P. 32500 - O Carballiño-Ourense
Tlfno:639 33 44 91
Correo electrónico: asdifica@gmail.com
Enche o formulario de contacto se desexas contactar coa asociación