Asociación Viguesa de Espondilíticos de Pontevedra

Asociación Viguesa de Espondilíticos de Pontevedra

  • Dirección: R/ Bravo nº 5 , Vigo
  • Código Postal: 36201
  • Localidade: Vigo
  • Provincia: Pontevedra
  • Correo electrónico: avidepo@avidepo.com
  • Teléfono móbil: 678 58 68 65
  • Páxina Web: www.avidepo.com


 

 

 

ORIXE

A Asociación Viguesa de Espondilíticos de Pontevedra (AVIDEPO) creouse en 1996 en Vigo. Seu inicio nace pola iniciativa dun grupo de pacentes diagnosticados de Espondilitis Anquilosante, ante a necesidade de buscar e encontrar respostas, dada a escasa información a disposición da persoa enferma e de carácter crónico desta enfermidade reumática. Pasaron máis de vinte anos e desde entonces, afortunadamente, a ciencia avanzou moito para apaliar os síntomas.

É unha Asociación apolítica, sen ánimo de lucro e que o seu compromiso é asesorar e informar sobre as implicacións da Espondilitis Anquilosante aportando os seus coñecementos, experiencia e comprensión como afectados de EA.

OBXECTIVOS:

Entre os obxectivos da Asociación, destacamos:

  • Atender e apoiar os pacentes afectados de Espondilitis Anquilosante nas diferentes actividades sociais e no ámbito familiar.
  • Propiciar os estudos biolóxicos, clínicos e epidemiolóxicos da Espondilitis Anquilosante e o resto de espondiloartries.
  • Manter relacións e contactos con outras asociacións en todo o relativo a avances médico-tecnolóxicos no tratamento da enfermidade.
  • Divulgar información veraz e contrastada relativa á EA, mediante reunións científicas, congresos, cursos especializados e publicacións.

ÁMBITO DE ACTUACIÓN:

O ámbito de actuación previsto para a Asociación exténdese á provincia de Pontevedra.

Entre as nosas principais actividades, realizamos:

  • Charlas-coloquio con carácter periódico, para manter ó día a todas as persoas  asociadas no referente á súa enfermidade, así como os últimos avances no tratamento, rehabilitación, etc.
  • Contacto con outras asociacións de carácter internacional (ASIF) e nacional (LIRE) das que somos socios.
  • Publicacións informativas e científicas.
  • Actividades enfocadas á rehabilitación física e á promoción de hábitos saudables.
  • Actividades sociais de convivencia.

O noso enderezo é:     

Dirección: Apdo. de Correos 5234

Código Postal: 36201


Localidade: Vigo

Provincia: Pontevedra


Correo electrónico: avidepo@avidepo.com

Teléfono: 886127422

Páxina Web: www.avidepo.com

Enche o formulario de contacto se desexas contactar coa asociación

Non se atoparon resultados!