Este proxecto conta coa colaboración do Club Deportivo Sen Amarras e coa cofinanciación do Concello de Tomiño e da Deputación de Pontevedra.
Esta acción de mellora da empregabilidade (AME) permitiu preparar candidaturas mediante o adestramento en competencias, a adaptación do currículo e a realización de entrevistas co equipo de recursos humanos da empresa.
Con esta incorporación á Federación provincial de COGAMI Coruña, o noso movemento asociativo suma as 60 entidades.
A Organización solicitará unha xuntanza coa Consellería de Política Social para reclamar medidas que axilicen os trámites dos Equipos de Valoración e Orientación da Discapacidade (EVO).
O programa Autonomía+ de COGAMI exhibiu produtos de apoio personalizados elaborados con impresión 3D e recibiu o 3º Premio á Innovación Social grazas ao apoio do público.
Álvaro García, coordinador do servizo de Accesibilidade, denunciou nunha xornada sobre o futuro do transporte en Galicia as dificultades que afrontan diariamente as persoas usuarias de cadeira de rodas para desprazarse con autonomía.
Mesas informativas, actos institucionais e actividades de sensibilización.
As entidades AGL e ADALIPE celebran unha sentenza pioneira que obriga ao Sergas a asumir unha cirurxía por lipedema. “O lipedema non é obesidade nin un problema estético”, subliñan.
Encarna Lago foi a principal impulsora da colaboración da Rede Museística Provincial de Lugo con COGAMI, comprometida coa accesibilidade e coa inclusión cultural dende que se creou este organismo.
A formación, de nivel 2 e con prácticas en empresas da comarca, ofrece 15 prazas e capacita para obter o certificado de profesionalidade ADGG0208.
Participaron 10 entidades membro e os centros de atención diúrna de COGAMI en Mos e Monteporreiro, sumando un total de 155 persoas nos obradoiros impartidos.
A Asociación Galega de Linfedema (AGL) apoia o reto solidario da entidade francesa análoga AVML que realiza o Camiño a favor das nenas e nenos con linfedema.