O Servizo de Orientación e Intermediación Laboral (SIL), centro colaborador do Servizo Público de Emprego de Galicia e autorizado como Axencia de Colocación, aposta pola inclusión das persoas con discapacidade no mercado laboral. Conta cun equipo formado por 40 orientadoras e orientadores laborais e axentes de emprego localizados nas sete cidades galegas, que se desprazan para atender as necesidades do rural.

O equipo de profesionais do SIL realiza entrevistas de orientación laboral, visita empresas para captar ofertas de emprego e sensibiliza sobre a discapacidade, e tamén realiza accións grupais de busca de emprego e de motivación. En definitiva, o SIL proporciona os medios para que a persoa con discapacidade que busca emprego poida atopalo canto antes.

Para máis información, podes contactar a través do teléfono 981 574 698, enviar un correo a sil@cogami.gal ou seguirnos a través do Facebook.