ORIXE:
AFFOU, é unha entidade sen ánimo de lucro creada no ano 2003 co obxectivo de dar unha resposta integral ás demandas e necesidades dos/as afectados/as por Fibromialxia, Síndrome de Fatiga Crónica e Sensibilidade Química Múltiple de Ourense e aos seus familiares, conseguindo así unha mellora na súa calidade de vida.
MISIÓN:
A misión de AFFOU é ofrecer servizos e actividades a través dos seus profesionais e colaboradores a afectados/as de Fibromialxia e Fatiga Crónica e as súas familias e que estas actuacións sexan sempre sinal de confianza e compromiso para os seus grupos de interese, pola calidade coa que se realizan polo cal AFFOU comprometese e sinala como obxectivo inicial da súa Política de Calidade á orientación hacia:
ÁMBITOS DE ACTUACIÓN:
Provincia e Concello de Ourense
PERSOAS ASOCIADAS:
AFFOU conta con: 98 socios/as ( 91 mulleres e 7 homes)
FORMAMOS PARTE DE:
DISCAFIS-COGAMI (Federación Provincial de Asociacións de Persoas con Discapacidade de Ourense) dende o ano 2008.
PROXECTOS RECENTES:
Forma parte do Programa de Atención Especializada para Persoas con Discapacidade.
Cofinanciado pola Xunta de Galicia a través da convocatoria de subvencións destinadas a realizar programas de Interese xeral para fins de carácter social con cargo á asignación tributaria do 0,7% do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF).
Cofinanciado pola Deputación Provincial de Ourense a través da convocatoria de subvencións para proxectos de prestación de servizos sociais para o ano 2022.
Cofinanciado polo Concello de Ourense a través da convocatoria de subvencións a asociacións e entidades sen ánimo de lucro de servizos sociais para o ano 2022.
SERVIZOS E ACTIVIDADES
Servizo de Atención Social:
Dende o Traballo Social intervense avaliando as necesidades sociais dos/as socios/as e familiares , á vez que se fomenta unha actitude positiva en referencia á enfermidades, coa finalidade de normalizar a situación na que se atopan o antes posible.
Servizo de Apoio Psicológico:
O apoio psicolóxico é fundamental para mellorar a situación emocional das persoas afectadas por estas enfermidades e os seus familiares, por iso, AFFOU ofrece; Atención Individualizada e GAM (Grupo de Axuda Mútua).
Terapias físico-rehabilitadoras:
Ioga, Reflexoloxía Podal, Fisioterapia e Hidroterapia.
Lecer
Taller de Risoterapia
Servizo de Información:
Difusión e Sensibilización: AFFOU ao longo do ano intervén en diversos eventos co propósito de sensibilizar a poboación en xeral sobre as patoloxías que a ocupan, así como para dar a coñecer a existencia da entidade na cidade e propagar a súa labor.
RÚA RECAREDO PAZ Nº 1 - No edificio CIS AIXIÑA, xunto Expourense e Paco Paz Pazo dos Deportes.
Liñas de autobús 12 e 16.
CP:32005 - OURENSE
Enche o formulario de contacto se desexas contactar coa asociación
O 12 de maio, Día Mundial da Fibromialxia, SFC e SQM, AFFOU estará cunha mesa informativa na entrada do edificio Cristal do CHUO, de 10:30 a 13:30 horas.
Domingo, 31 de outubro, con saída 9:30 horas dende CIM de Barbadás. Ruta de 8Km e 16km.
O 12 de maio celébrase o Día Mundial da Fibromialxia e o Síndrome de Fatiga Crónica, data sinalada coa intención de subliñar as serias dificultades polas que pasan miles de persoas afectadas en todo o planeta.
O 12 de maio celébrase o Día Mundial da Fibromialxia e o Síndrome de Fatiga Crónica, data sinalada coa intención de subliñar as serias dificultades polas que pasan miles de persoas afectadas en todo o planeta.
O mércores 12 de febreiro ás 20 horas no Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense, terá lugar unha charla divulgativa sobre a Sensibilidade Química Múltiple.
Inscrición (ata o 02/08): 5 euros, de los que 2,5 euros doaranse a AFFOU
Estaremos en Expourense o 21 e 22 de setembro, de 11 a 19 horas.